Centros e entidades de formación

    • Antes do curso:

      • Deseñar e programar o curso de tal maneira que se oriente á adquisición e/ou mellora das competencias dos traballadores.

      Durante o curso:

      • Impartir o curso por docentes cualificados (que conten coa formación e/ou experiencia) na materia do curso.
      • Realizar a formación asegurando as esixencias técnico-pedagóxicas que aseguren a calidade da formación.
      • Corresponsabilizarse na aprendizaxe, seguimento e avaliación dos alumnos.
      • Realizar o control de asistencia.
      • Adoptar medidas de protección para os participantes. Ter subscrito un seguro de accidentes para os participantes e responsabilidade civil ante terceiros.

      Ao finalizar o curso:

      • Facilitarlles aos participantes o cuestionario de avaliación de calidade.
      • Avaliar e comprobar a adquisición de competencias.
      • Asegurar a entrega do diploma ou certificado de asistencia.

      As entidades de formación non poderán subcontratar con terceiros a execución da acción formativa que lles foi adxudicada. A contratación do persoal docente para o impartimento da formación non se considerará subcontratación.

      • A formación debe gardar relación coa actividade da empresa.
      • A modalidade será presencial, teleformación ou mixta.
      • A duración mínima debe ser de dúas horas e non debe exceder as oito horas diarias, agás que se imparta nunha soa xornada.
      • O número de participantes non debe exceder 30 por grupo na modalidade presencial e 80 por titor na modalidade teleformación.
      • Debe garantirse a gratuidade da formación para os traballadores.
      • Non se poderán bonificar accións de índole informativa ou divulgativa (xornadas, congresos, seminarios, etc.).