Normas de utilización do foro de empresas

As seguintes normas elaboráronse para regular a participación dos usuarios neste foro. O acceso e participación no foro implica a aceptación das normas.

As novas mensaxes deberán inserirse na sala do foro que resulte máis adecuada, e se se trata dun asunto xa citado noutra mensaxe procurarase, para mellor seguimento deste, remitir como resposta ao xa publicado.

O foro conta con moderadores que velan polo cumprimento das normas. Toda mensaxe será revisada por estes, que se reservan o dereito a non as publicar, así como a movelas a outra sala cando exista outra que se adecúe máis ao asunto da mensaxe remitida.

Non se publicarán mensaxes:

  • cuxo contido non se adecúe ao obxectivo do foro
  • poida ofender outros usuarios do foro
  • teñan contido racista ou sexista
  • realicen críticas non construtivas a webs, entidades ou persoas concretas.
  • con fins promocionais, publicitarios ou lucrativos. Publicaranse as mensaxes que dean resposta a demandas formuladas polos usuarios, non aquelas que teñan como único fin ofertarlles produtos ou servizos.