Portal de Transparencia

O acceso á información debe ser un eixe imperativo na xestión e a aplicación dos fondos públicos de modo que permita unha mellor fiscalización da actividade.

Neste compromiso coa transparencia, poñemos a disposición do cidadán, de xeito doado e accesible, toda a información relativa á organización, estrutura, actividade, normativa á que estamos suxeitos, orzamento, contas anuais, procedementos de contratación e a información estatística máis relevante.