Xornadas técnicas

A Fundación organiza, na súa sede de Madrid, en horario de 9:30 a 15:00, xornadas técnicas dirixidas a responsables de formación, entidades organizadoras e, en xeral, a todas aquelas persoas que requiran orientación sobre a utilización da iniciativa de formación programada polas empresas. Nestas xornadas explícanse de forma simplificada os trámites e a aplicación telemática para a xestión destas axudas.

Así mesmo, ofrécese a posibilidade, a aquelas entidades con experiencia na xestión, de acudir a xornadas (Nivel avanzado) para resolver dúbidas e solucionar incidencias na devandita xestión. Estas entidades deberán contar con, polo menos, un ano de experiencia no sistema.

O feito de completar este formulario non garante a inscrición nas xornadas, sendo necesario recibir confirmación, por parte de Fundae, unha vez comprobada a dispoñibilidade de prazas.

EMPRESA

DATOS DE CONTACTO

DATOS ASISTENCIA

ASISTENTE 1

ASISTENTE 2

ASISTENTE 3