Dixitalízate

destacados_1

Recursos formativos gratuítos en competencias dixitais

O pasado 19 de setembro tivo lugar a presentación do marco de colaboración entre o Servizo Público de Emprego Estatal, a Fundación Estatal para a Formación no Emprego e grandes empresas tecnolóxicas para a difusión e o acceso á realización de cursos de formación en competencias dixitais de carácter gratuíto.


Prevese que antes do 2030 xurdirán 3,2 millóns de empregos vencellados coa dixitalización. Queremos axudarte e dar resposta ás novas necesidades derivadas do proceso de cambio tecnolóxico, dixital e produtivo. Por esta razón créase este espazo que recollerá os resultados do devandito marco de colaboración.


Actualmente, moitas das grandes empresas do país dispoñen nas súas páxinas webs de recursos formativos gratuítos en competencias dixitais, a través dos seus programas de Responsabilidade Social Corporativa. Todas as partes implicadas no marco de colaboración son conscientes da utilidade que tería que estes cursos se fagan accesibles ao conxunto das persoas traballadoras, xa que supoñería unha melloría da súa empregabilidade.


Cando se subscriban os diferentes convenios de colaboración, neste espazo encontrarás os recursos formativos que elaboraron grandes empresas para que os utilices sen ningún custo.


Galería de imaxes da presentación do marco de colaboración con grandes empresas para o acceso á formación dixital