Trámites - Xeral
- Cambios societarios (fusións, escisións, etc.)
- Recibo de liquidación do último mes de cotización na empresa antecesora.
- Relación nominal do primeiro mes de cotización na empresa sucesora.
- Cabeceiras de nóminas. Copia de toda aquela documentación á que dese lugar a devandita operación
As comunicacións sobre cambios societarios de calquera tipo realizaranse a través da aplicación telemática que corresponda - bonificacións ou plans – no apartado Observacións do menú Empresa. Se os cambios están inscritos no Rexistro Mercantil Central (RMC), non é necesario remitir documentación. Se non están obrigados a inscribirse no RMC deberán acreditalo documentalmente.
No caso de subrogacións de traballadores esíxese acreditación documental do traspaso de traballadores e mantemento de condicións laborais (antigüidade):
- Suspensión de actividade
Se unha empresa beneficiaria de axudas (bonificacións ou subvencións) suspende a súa actividade ou se disolve antes do período establecido para manter a documentación xustificativa, deberá remitir copia desta á Fundación Estatal para a Formación no Emprego.
- Validación/compulsa de copias
Ver a sección de rexistro.
- Cambio de enderezo da entidade
No caso de entidades ou empresas beneficiarias do sistema de bonificacións en concepto de formación, o cambio de domicilio debe ser comunicado a través da aplicación, no apartado “Observacións” do menú “Empresa”, indicando o Rexistro Mercantil onde figure a inscrición.
No resto dos casos, deberá completar e remitir a Fundación o documento denominado “Cambio de enderezo”
- Resposta a requirimentos
No caso de recibir un requirimento de información e/ou documentación, utilice o seguinte Modelo normalizado co obxecto de axilizar a súa tramitación.
- Xustificante de participación
Para solicitar detalle de accións formativas realizadas ou impartidas, poden utilizarse os seguintes modelos, achegando, en cada caso, a documentación indicada nestes, e mencionando a data aproximada dos cursos: