Entidades organizadoras
As entidades organizadoras son aquelas que contratan as empresas para que xestionen a súa formación, así como a bonificación desta.
- Que entidades poden actuar como entidades organizadoras?
- Entidades de formación inscritas no Rexistro Estatal de Entidades de Formación.
- Entidades acreditadas para impartir certificados de profesionalidade.
- Organizacións empresariais ou sindicais.
- Asociacións de traballadores autónomos e de economía social.
- Estruturas paritarias con personalidade xurídica propia.
- Que obrigas debe cumprir a entidade organizadora?
- Asegurar a adecuación da formación ás necesidades da empresa.
- Contratar a entidade de formación inscrita (ou acreditada).
- Realizar as comunicacións a través da aplicación, previo acordo.
- Asegurar o desenvolvemento satisfactorio de formación, seguimento, control e avaliación.
- Facilitar á empresa a documentación relacionada coa formación bonificada.
- Informar as empresas para a correcta bonificación da formación.
- Someterse a actuacións de seguimento e control.
En ningún caso se poderá subcontratar a organización da formación nin o impartimento desta. A contratación do persoal docente para o impartimento da formación non se considerará subcontratación.
- Como se formaliza a contratación da entidade organizadora?
- As obrigas dos asinantes, especificamente as que asume a entidade organizadora.
- A compensación económica polos custos de organización.
Previo ao acceso á aplicación, os representantes legais da entidade organizadora e da empresa deben asinar un acordo, que conterá:
A continuación ofrecémosche un modelo de contrato de encomenda. Non é un impreso oficial, o que significa que podes asinar outro diferente respectando o contido mínimo que recolle este modelo. Ten presente que a responsabilidade que se deriva do incumprimento por algunha das partes é allea á Fundación.
O contrato asinarase por duplicado, e os orixinais quedarán en poder de ambas as dúas partes por se é solicitado por parte dalgún órgano de control.
- Un xestor é unha entidade organizadora?
Un xestor administrativo é aquela entidade que realiza exclusivamente as comunicacións a través da aplicación, polo tanto non ten a consideración de entidade organizadora.
Neste caso, a empresa debe estar dada de alta na aplicación como bonificada, e autorizará a entidade como usuario co perfil de Xestor, podendo imputar o gasto derivado da devandita xestión como custo indirecto.