Sistema de Formación para o Emprego

A Formación Profesional para o Emprego ten como obxectivo capacitar as traballadoras e os traballadores para o desempeño cualificado das diversas profesións, facilitando o acceso ao emprego e favorecendo a participación activa na vida social, cultural e económica.

      • Favorecer a formación ao longo da vida dos traballadores desempregados e ocupados para mellorar as súas competencias profesionais e os seus itinerarios de emprego e formación, así como o seu desenvolvemento profesional e persoal.
      • Contribuír á mellora da produtividade e competitividade das empresas.
      • Atender aos requirimentos do mercado de traballo e ás necesidades das empresas, proporcionando aos traballadores as competencias, os coñecementos e as prácticas adecuados.
      • Mellorar a empregabilidade dos traballadores, especialmente dos que teñen maiores dificultades de mantemento do emprego ou de inserción laboral.
      • Promover que as competencias profesionais adquiridas polos traballadores, tanto a través de procesos formativos coma da experiencia laboral, sexan obxecto de acreditación.
      • Achegar e facer partícipes os traballadores das vantaxes das tecnoloxías da información e a comunicación, promovendo a diminución da fenda dixital existente, e garantindo a accesibilidade destas.
      • O exercicio do dereito individual á formación e a garantía de igualdade no acceso dos traballadores, as empresas e os autónomos a unha formación vinculada ás necesidades do mercado de traballo.
      • A anticipación aos requirimentos e cambios do modelo produtivo, como vía fundamental para reforzar a calidade e eficacia da formación.
      • A unidade do mercado de traballo e a libre circulación dos traballadores no desenvolvemento das accións formativas.
      • A negociación colectiva e o diálogo social como instrumento de desenvolvemento do sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, así como a participación dos axentes sociais nos órganos de goberno do sistema e en particular no deseño, planificación, control, seguimento e avaliación da oferta formativa, especialmente a dirixida aos traballadores ocupados.
      • A unidade de caixa da cota de formación profesional e o acceso a un financiamento suficiente, estable e equitativo no conxunto do sistema de formación profesional para o emprego, que inclúa o financiamento proveniente da citada cota, de carácter finalista.
      • Este financiamento deberá xestionarse en réxime de concorrencia competitiva aberta a todos os provedores de formación, públicos e privados, acreditados e/ou inscritos conforme á normativa vixente, para o impartimento de toda a programación formativa aprobada polas distintas Administracións Públicas.
      • A calidade, eficacia, eficiencia e transparencia na xestión.
      • A estabilidade, seguridade e certeza que permita a planificación estratéxica e promova o investimento en recursos formativos.